El BNG pide al Gobierno que adopte con urgencia medidas eficaces para garantizar la seguridad al tráfico en la A-8 por las nieblas
A MARIÑA

«Tralo novo accidente con feridos rexistrado este venres entre varios coches e unha moto a causa das néboas», señala el diputado Néstor Rego, que presentó una iniciativa en el Congreso y pregunta si este viernes se tomaron todas las medidas de prevención
04 jul 2025 . Actualizado a las 19:02 h.El BNG, a través del diputado mariñano Néstor Rego, pide al Gobierno que adopte con urgencia medidas eficaces para garantizar definitivamente la seguridad al tráfico en la Autovía del Cantábrico, la A-8, por las nieblas especialmente en el tramo comprendido entre Mondoñedo y Abadín. «Este venres rexistrouse un novo accidente entre varios coches e unha moto con varios feridos», destaca Rego, que presentó una iniciativa este mismo viernes en el Congreso instando al Gobierno de Sánchez a adoptar soluciones.
«O Alto do Fiouco -expone en su iniciativa Néstor Rego- presenta, desde a súa inauguración en febreiro de 2014, graves problemas de falta de seguranza viaria pola presenza das persistentes néboas endémicas deste tramo, especialmente nos meses de xuño e xullo. De feito, foi a brétema a responsábel de que, poucos meses despois de que entrara en funcionamento, o 26 de xullo, tivera lugar un grave accidente en cadea que causou a morte dunha persoa. Infelizmente, o problema segue sen ter solución, e na mañá deste venres 4 de xullo rexistrouse un novo accidente múltiple, con varios coches implicados e unha moto, no quilómetro 547 da A-8, á altura da parroquia de Argomoso (concello de Mondoñedo), no tramo do Alto do Fiouco, co resultado de varias persoas feridas e que obrigou a cortar a estrada entre os quilómetros 534 e 552».
Añade Rego que las balizas no solucionan el problema estructural en ese tramo de la autovía: «Desde o 2014, o BNG ten reclamado de forma reiterada a urxencia de que se adopte unha solución técnica moderna e avanzada que permita o tránsito de forma segura pola autoestrada e que evite a necesidade de fechar a autovía ante o aviso de brétema e desviar o tráfico pola N-634, estrada necesitada de melloras e nada adaptada para absorber o tráfico, especialmente nos períodos de verán nos que se incrementan os desprazamentos. Como temos subliñado en distintas iniciativas, o Ministerio segue a estudar opcións técnicas que permitan atallar o problema, porén máis de 10 anos despois o problema segue sen solución definitiva. Polo momento, só se instalaron unhas balizas intelixentes con luces led nas marxes da vía que melloran a visibilidade cando a néboa non é moi intensa e permitiron reduciron os cortes na A-8, mais non solucionan o problema estrutural».
El BNG pregunta para cuándo una solución definitiva. «A A-8 precisa de solucións definitivas e fiábeis no Alto do Fiouco que permitan a circulación segura ante as frecuentes situacións de néboas intensas, fenómeno endémico da zona. O Ministerio debe adoptar as medidas precisas para garantir a seguranza viaria e a operatividade dunha autovía na que foron investidos millóns de euros e que é necesaria para a mobilidade da comarca da Mariña. Polos motivos expostos, o BNG formula as seguintes preguntas dirixidas ao Goberno: 1. Cando entrarán en funcionamento as novas medidas técnicas permanentes que permitan o tránsito seguro polo Alto do Fiouco mesmo con presenza de brétema na zona?».
El diputado Néstor Rego también pregunta si este viernes se tomaron todas las medidas de precaución en el tramo de Mondoñedo, con nieblas y lluvia. «2. Que avaliación fai do novo accidente múltiple rexistrado este venres 4 de xullo, con varios coches implicados e unha moto, no quilómetro 547 da A-8, á altura da parroquia de Argomoso (concello de Mondoñedo), no tramo do Alto do Fiouco, con varias persoas feridas? Funcionaron as balizas intelixentes de sinalización existentes na actualidade? Se a néboa era tan intensa que non eran suficientes as balizas para asegurar a condución segura porqué non se fechou o tráfico nese tramo da autovía nesta ocasión?».
«3. Acometerá as actuacións precisas á maior brevidade posíbel para solucionar de forma definitiva os problemas de seguranza viaria no Alto do Fiouco na A-8 apostando por unha solución técnica avanzada que permita a circulación nesta zona caracterizada polas intensas néboas? 4. Ten previsto acometer outras actuacións neste tramo A-8 para a mellora do firme actualmente en mal estado? Ten previsto outras actuacións para a mellora da N-634 que debe absorber o tráfico cando se producen os fechamento na A-8? De ser así cando e que actuacións prevé realizar?», concluye el diputado del BNG.