Convocan para o xoves unha protesta na Pontenova pola falta de médicos
A PONTENOVA / LA VOZ
A MARIÑA

Desde o Sergas aseguran que si haberá facultativos todas as tardes
01 jul 2025 . Actualizado á 18:14 h.Para o xoves 3 de xullo foi convocada na Pontenova unha protesta veciñal tras transcender que no centro de saúde local non haberá médico ata o 15 de xullo e que as urxencias se atenderán pola mañá no centro de saúde de Riotorto e pola tarde no PAC de Meira. O alcalde pontenovés, Darío Campos, confirmou que a concentración será ás 13.30 horas ante o centro de saúde.
Desde o Sergas insisten en que si que haberá médico a diario, pero en xornada de tarde. Aseguran que ao non haber médicos dispoñibles para poder contratar cóbrese cos recursos dispoñibles e grazas á colaboración doutros profesionais que, no caso da Pontenova, asumen a atención mediante prolongación de xornada.