Réquiem por Balseiro, Alfonso Balseiro, de Foz

RICARDO TIMIRAOS OBITUARIO

A MARIÑA

PEPA LOSADA

26 jun 2025 . Actualizado a las 21:23 h.

Houbo un tempo en que Alfonso, Balseiro de Foz, quixo servir a Deus e foi estudar para cura, pero O Patrón Maior, ten os seus designios e elixiuno para vivir coma un ciudadán espallando a súa enorme homía. Isa bondade, ise compañerismo, isda xenerosidade, ise sorriso que sempre o acompañou na vida. Balseiro era así. Un cativo grande, un home sincero, un amigo de sempre para sempre...Cónstame que foi un home coas súas peculiaridades: a súa visión de Madrid, a súa afición ó tiro ó plato, o profundo arraigo da Terra... pero a gran obra de Balseiro non foi o seu traballo como responsable coas nóminas en Alúmina, senón o discreto e a súa vez moi profundo amor á familia. Aínda recordo a súa voz, sempre chea de cariño, nomeando a Loly e Cristina, muller e filla, como as xoias da súa vida. E non hei esquecer unha das últimas conversas nas que presumía de neto, Bruno, que lle axudadaba ao seu pai. Ou aquel día que o chamei para ir ó Cenima, alí en Foz, a unha exposición, obra de Xulio Xiz sobre o Poeta Obreiro, e xenerosamente nos acompañou toda a mañá.

Balseiro era o meu anfintrión en Foz xunto os dous “eternos“, tamén tristemente xa noutra compaña, como eran o Bolico e Miguín. ¡Vaia trío! ¡Cómo me gostaría vervos ós tres por un ventanuco do ceo recordando vellos tempos!

Pero agora acó quedamos, Balseiro, esperándote para a derradeira Xuntanza para que poidéramos falar moito máís longo e tendido. Porque esta mañá choramos moitos, moitos dos teus compañeiros. E cada un, co Deus que o acompaña, coas dúbidas que o abranguen, pero con esta forte dor que nos queima o corazón. Notamos, como unha grosa lousa, o pesar da túa ausencia. ¡Foz, esa terra amada das nosas vidas!, ¡aquel Foz de tantos san Lorenzo!¡aquel Foz onde espallaba os meus soños poéticos... nunca volverá ser Foz sin a túa presencia! Mentras os nosos e teus compañeiros roemos o dor da túa ausencia, mentras a música hevy metal resoa no noso querido Viveiro, mentras as geivotas na Rapadoira chían porque saben quen lles daba amor, acó, naquel Colmenar Viejo onde fixeches a mili, un amigo e compañeiro trata de arrincar as espiñas daquela cruz. Con bágoas na ialma, Amigo.