A Policía Nacional de Viveiro detén a dúas persoas por tráfico de drogas

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Portaban marihuana e MDMA, preparadas para a súa distribución e venda final

26 jun 2025 . Actualizado á 16:15 h.

A Policía Nacional de Viveiro detivo nesta localidade a dous homes como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. «Nesta Comisaría Local de Viveiro véñense realizando dispositivos de control e vixilancia en diferentes puntos da demarcación policial para loitar contra o consumo, tenencia e tráfico minorista de substancias estupefacientes; e máis tendo presente que estes días está a celebrarse o festival de música “Resurrection Fest 2025”, o que supón un incremento importante da poboación desta localidade», explican desde a Comisaría.

Froito dos controis realizados polos policías do Grupo Local de Seguridade Cidadá, a tarde do pasado 24 de xuño foron detectados dous homes que portaban entre as súas pertenzas 180 gramos de marihuana e 2 gramos de MDMA. Estas substancias estupefacientes estaban preparadas para a súa distribución e venda final, portando ademais máis de 200 euros en billetes fraccionados.

Por todo iso procedeuse á súa detención e posta ao dispor xudicial como presuntos autores dun delito tráfico de drogas, tal como indican desde a Comisaría de Policía de Viveiro.