Forzan de noite as portas dun supermercado en Burela, pero non levaron nada

La Voz

A MARIÑA

GARDA CIVIL

Presentaron denuncia ante a Garda Civil

26 jun 2025 . Actualizado á 22:17 h.

Autores descoñecidos forzaron a pasada noite as portas dun popular supermercado de Burela, pero estrañamente non levaron nada do interior. Hai denuncia ante a Garda Civil; o autor ou autores revolveron entre algúns produtos pero non se detectou que levasen nada. 

Causaron danos na porta de acceso; a Garda Civil iniciará unha investigación para aclarar estes danos, xa que en principio non se pode falar de roubo. Os axentes xa se achegaron na xornada de onte ata o establecemento. Os autores chegaron a acceder ao interior, pero descoñécese a intención verdadeira da súa acción. A investigación policial está en marcha.