Os sectores comerciais que abrirán na Mariña este sábado festivo, Día das Letras Galegas
A MARIÑA

Nalgúns casos o horario de apertura limitarase á mañá deste día, festivo autonómico, sobre todo alimentación e librerías; naturalmente hostalería e o comercio de Ribadeo abrirá o domingo
14 may 2025 . Actualizado á 17:23 h.«Non abrimos os festivos, ainda que algunha vez o temos valorado por ser Letras Galegas. A realidade é que non se vende moito porque é un festivo, e está maioritariamente pechado o comercio en xeneral», opina a libreira focense Ceo Fernández, a poucos días do 17 de maio, festivo a nivel autonómico. O habitual é que librerías con venda de prensa, como no caso da Porta dá Vila (Espazo Nobel Lector) en Viveiro, si abren. Con motivo das Letras Galegas e a iniciativa local literaria ao aire libre na Praza Maior, non só abrirán a tenda física senón que tamén venderán libros en galego no devandito mercado especial, no que tamén estará outro negocio viveirense similar, África Copias, que con todo non atenderá clientela no seu local o 17.
No sector da alimentación, tanto pastelerías como panaderías ou tendas de comestibles adoitan abrir. Respecto diso, unha reflexión de Alonso Vale, xerente de Pastelería Vale en Viveiro, ante este e outros festivos: «No caso de panadarías, cafeterías e restaurantes, un día así... Ou cerramos todos ou abrimos todos. Sen embargo, xa estamos mirando como son este ano o resto dos festivos para ver como axustar os horarios. Ao mellor para o ano que vén non compensa ter todas as tardes de festivos aberto un dos nosos dous establecementos, o que está xunto á Porta de Carlos V». Tamén indica que a situación non é igual nunha cidade grande, como A Coruña onde el vive, e unha pequena como Viveiro, onde, por exemplo, os domingos «practicamente _comenta_ abre a nosa pastelería e un par de bares, aquí. Sen embargo, na Coruña abren bastantes máis comercios en festivos, contando supermercados e grandes empresas, e algunha tenda de roupa. Volvo dicir que en relación cos festivos, ou abres sempre ou pechas sempre. Tamén depende do sector ao que te dediques».
«En relación cos festivos, ou abres sempre ou pechas sempre. Tamén depende do sector ao que te dediques»
Noutros sectores, como o da alimentación, hai quen abre parcialmente, só en horario de mañá ata o mediodía. «En Casa Chao _apunta Francisco Chao desde el tercer negocio más antiguo de Galicia que mantiene la propiedad familiar, con 94 años de existencia_ este sábado 17, como mínimo, abriremos pola mañá de 9.30 a 14.00 horas. Normalmente facémolo así en días punteiros. A partir de mediados de xuño será todos os días, incluso domingos e festivos, ata setembro». «En Casa Chao _recuerda_ nunca estivemos dous días pechados. Ainda que agora é certo que se pode pechar os días que queiras, nós seguimos mantendo a lóxica». «Si que se vende se abres porque hai xente que en festivo desprázase. Sobre todo en alimentación, tes que estar para dar un servizo e máis cando se trata do sector servizos», finaliza Francisco Chao.
«Si que se vende se abres porque hai xente que en festivo desprázase»
Desde Ribadeo, Acisa, a asociación de comerciantes, lembra que «son días de peche obrigado o 1 de xaneiro, o 1 de maio, o 17 de maio, o 25 de xullo e o 25 de decembro» e que se prevé que abran «coma sempre» panaderías, pastelerías, librerías que venden prensa «e pouco máis», engade Carmen Cruzado, presidenta. O comercio ribadense ten unha peculiaridade na comarca da Mariña e é que mantén unha longa tradición comercial abrindo as mañás dos domingos.
Noutros sectores, prima agora que é a tempada alta de cerimonias. Por exemplo, en Viveiro será este domingo 18 un dos días grandes de celebración da Primeira Comuñón na igrexa parroquial de San Francisco, con multitude de nenos, sen esquecer que o sábado 17, Día das Letras Galegas, haberá vodas que requirirán dos servizos de barberías e algún que outro centro de estética, principalmente traballando con cita previa xa reservada.