Hostalería e comercio de Ribadeo non paran: licenzas para catro negocios máis

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Unha empresa de distribución de produtos de alimentación e bebida, unha xeadería, unha cervexería e a ampliación dun ximnasio

09 may 2025 . Actualizado á 22:29 h.

O sector comercial, hostaleiro e de servizos de Ribadeo continúa dando mostras do seu dinamismo, como se evidenciou na Xunta de Goberno local celebrada esta semana, na que se deu licenza para catro negocios.

Un deles consiste na apertura da almacén e oficinas dunha nova empresa de distribución de bebidas e alimentación, nunha nave na rúa Virxe do Camino que antes foi almacén dunha empresa de construción.

Outra das licenzas corresponde a un proxecto para ampliar as instalacións dun ximnasio na avenida Rosalía de Castro.

Ademais, un hostaleiro de Ribadeo solicitou permiso para abrir unha xeadería máis nun baixo da rúa San Francisco.

E outro grupo de hostalería ribadense pediu e concedéuselle a pertinente licencia para obrar no baixo da coñecida como Casa Rosas na rúa San Roque, que será transformado nunha exclusiva cervexería cunha oferta e decoración única na Mariña e o occidente asturiano.

Ademais, outorgáronse licenzas para obras de rehabilitación e reforma en diferentes inmobles, así como para a instalación de terrazas en locais hostaleiros, como é habitual nas Xunta de Goberno local en Ribadeo. Sobre este particular, lembrar que está aberto o prazo para solicitar as subvencións dunha nova fase da Área de Rehabilitación Integral nos centros históricos de Ribadeo e Rinlo, que poden chegar a 22.000 euros e acadar o 80% do presuposto de execución, dependendo das circunstancias do solicitante.