Ata 500 automóbiles para ofrecer na feira do vehículo de ocasión na Espiñeira, Barreiros
A MARIÑA

Volve un clásico da automoción co Grupo Breogán A Mariña
04 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Este luns regresa un clásico da automoción, a Feira do vehículo de ocasión do Grupo Breogán A Mariña, nas instalacións da empresa no polígono industrial da Espiñeira (Barreiros). O evento prolongarase ata o sábado inclusivo, en horario de mañá e tarde, cuns 120 vehículos en exposición e un stock do Grupo Breogán de case 500 automóbiles dispoñibles. Predominarán as marcas da firma, Toyota, Kia e Lexus, que o ano pasado volveron ser, con fartura, as máis vendidas na Mariña, segundo a DXT.
Haberá coches de todas as motorizacións, sobre todo híbrido enchufable, eléctrico, gasolina e algún diésel.
O mercado de vehículos de ocasión nas súas diferentes variantes, desde dirección a demostración, quilómetro cero ou segunda man, non deixa de crer, e na feira na Espiñeira mostraranse automóbiles dun ano ata seis ou sete, que en marchas do Grupo Breogán manteñen a garantía de 15 anos ou 250.000 quilómetros desde a data de matriculación, aval que os clientes valoran especialmente.
«O que máis demanda ten e o que máis se venden son os vehículos de ata 25.000 quilómetros. Os descontos dependen moito das características do automóbil, pero, por pór un exemplo, un quilómetro cero cun prezo orixinal de 68.000 euros vai estar en 53.000», explica Rubén López, xerente do Grupo Breogán para a Mariña. E engade: «Collemos o mellor que temos para traelo aquí. Esta é a undécima feira grupo na Espiñeira e moita xente que ten en mente comprar un coche xa conta con ela».