A néboa provoca o choque por alcance dun turismo contra un camión na A-8

La Voz

A MARIÑA

Non se rexistraron feridos nun accidente este venres ás 19.45 horas en Mondoñedo

07 jun 2024 . Actualizado á 21:45 h.

A densa néboa volveu dificultar a circulación pola A-8 este venres e foi unha das causas probables dun accidente de tráfico a última hora da tarde. Un turismo alcanzou por detrás a un camión cisterna e quedou encaixado nel, sen lamentar danos persoais.

Ocorreu ás 19.45 horas deste venres no punto quilométrico 548 en sentido Ribadeo da citada autovía, no termo municipal de Mondoñedo. Un particular alertou ao 112 Galicia e ao lugar do accidente acudiu a Garda Civil de Tráfico, Mantemento de Estradas e os Bombeiros de Barreiros, que tiveron que retirar o vehículo encaixado debaixo do camión.