«Eu non lembro que non saíse un só paso nin Xoves nin Venres Santo»

s. curral VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

«Foron días aciagos, tristes», explica Maricarmen Chipe en Viveiro

03 abr 2018 . Actualizado á 05:00 h.

«Foron días aciagos, tristes; tanto Xoves Santo como Venres Santo son os días principais da Semana Santa e non puido saír un só paso. Todo o traballo dun ano veuse abaixo; o traballo de moita xente ademais, que está a achegar e colaborando coa Semana Santa». Quen se expresaba así onte era María del Carmen López Gómez, portavoz da Xunta de Confrarías de Semana Santa en Viveiro.

«Eu non lembro que pasase algo semellante con anterioridade; si sucedeu que algúns pasos procesionais non puidesen saír algún ano por un ballón ocasional, pero outros pasos si. Este ano non puido saír ningún, nin Xoves Santo nin Venres Santo. A choiva non cesou; aumentaba. Ademais, tomouse a decisión de non saír con moita antelación, estaba claro que nesas condicións non se podía saír. Houbo algúns actos nos claustros de San Francisco, pero saír imposible; non se pode estragar o patrimonio das confrarías cun tempo así», engadía.

«Hai que ter en conta ademais que, por exemplo, o Venres Santo hai pasos nos que participa moitísima xente, mil persoas, moitas confrarías, que realzan a nosa Semana Santa e non puido ser. Pasos moi emotivos. Unha pena, moi triste; moita xente que viña a Viveiro atopouse incluso neve na Gañidoira. O esencial non puido saír, é verdade, pero polo menos houbo algo de consolo o sábado e o domingo».

«O Venres Santo hai pasos nos que participan mil persoas, moitas confrarías, moi vistosos, e foi

unha pena»

«Houbo moitas visitas á carpa e ao museo, 18.000 ata o sábado, e a xente mostrouse moi respectuosa»