O Foz colle o liderado e o Valadouro abre a súa conta de vitorias

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Empate na casa do Xove e derrotas da Pontenova e o San Ciprián

18 sep 2017 . Actualizado á 05:00 h.

?O Cub Deportivo Foz vestiuse de líder no grupo lucense de Primeira Galicia. Cun goalverage favorable de oito tantos (10 a favor e só 2 en contra), superior ao do Chantada, o outro equipo que conta os seus partidos por vitorias, o cadro dirixido por Jesús Gayol asaltou o primeiro posto grazas á goleada (5-0) na terceira xornada, que tamén resultou moi positiva nos intereses do Valadouro. Os pupilos de Julio Castro festexaron a súa primeira vitoria da tempada na casa do Monterroso (1-2) nun partido que disputou en inferioridade numérica desde o minuto 28, cando Felipe Varela foi expulsado por unha tímida protesta. Aos mariñáns complicáronselles aínda máis as codas no segundo tempo (min 61) pola vermello a Borja.

O Xove Lago tamén estirou a súa conta de puntos tras o empate na casa co O Páramo (1-1), e o Pontenova e o San Ciprián foron derrotados. Na Mina mostrouse superior o Taboada (1-3), e en Chantada o San Ciprián vendeu cara a súa derrota ante un dos fanfurriñeiros do grupo.