Javi Prieto faise oco na selección galega alevín

La Voz

A MARIÑA

O xogador do Be One-Ría de Ribadeo foi convocado para disputar o campionato de España en San Fernando (Cádiz)

10 feb 2016 . Actualizado á 05:00 h.

Javi Prieto, unha das xoias do Be One-Ría de Ribadeo, aproveitou o torneo nacional disputado a fin de semana en Marín para gañarse un sitio na selección galega alevín que participará no campionato de España. O mozo ribadense destacou e acabou por convencer os técnicos de que pode ser unha das mellores bazas do equipo galego no torneo que se celebrará en Cádiz.