Fai Galicia Verde

Punto limpio
FaiGaliciaVerde

Esténdese por Galicia o «plogging», o deporte de moda que busca dar un respiro ao planeta

Á comunidade tamén chegou esa tendencia ecodeportiva que invita a recoller lixo mentres se practica exercicio físico. Quedadas como as organizadas polo atleta santiagués Amador Pena ou carreiras non competitivas, como a que tivo lugar o ano pasado na Illa de Arousa, son só algunhas das iniciativas que xa suman adeptos. Mentres, o propio movemento Plogging, de orixe sueca, xa planea accións en Galicia para darse aínda máis a coñecer