«Que tal se dixésemos Puentevedra? Sería ridículo! Pois, iso, a normalizar a situación». A finais dos sesenta comezaron a aparecer en La Voz artigos que pedían a restitución do nomenclátor orixinal das vilas galegas. Aínda que o franquismo seguro que colaborou na perpetuación dos «topónimos barbarizados», como os chamaban algúns, o expediente X de «Rianjo», «Ginzo» ou «Sanjenjo», entre outros, aparecía xa moito antes nas nosas páxinas.
Jesús Flores