Gómez e Miñones prometen o seu cargo ante o rei

ATLAS ESPAÑA

Héctor Gómez e José Manuel Miñones prometeron hoxe o seu cargo ante o rei no Palacio da Zarzuela. Héctor Gómez faise cargo da carteira de Industria en substitución de Reyes Maroto mentres Miñones tomará as rendas do Ministerio de Sanidade para que Carolina Darias poida centrarse na súa candidatura á alcaldía das Palmas. Este cambio, forzado polas eleccións, é o quinto no Goberno de Pedro Sánchez

28 mares 2023 . Actualizado ás 10:29 h.