Imanol Idiakez: «Encerreime con chave no despacho para que non me toquen o pelo»

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

CESAR QUIAN

O técnico do Deportivo compareceu en sala de prensa antes do partido contra a Real Unión: «Faime ilusión saír ao balcón de María Pita»

24 may 2024 . Actualizado á 13:16 h.
13.12
«Na historia do Deportivo sairei nunha esquinita pequeniña, moi abaixo»

«Non teño ningunha pretensión, eu creo que na historia do Deportivo sairei nunha esquinita. E será unha esquinita pequeniña, moi abaixo»

 

13.11
«A Lucas véxoo fenomenal, preparado para estes tres partidos»

«A Lucas véxoo fenomenal, preparado para estes tres partidos. Véxoo aquí o ano que vén? Por suposto»

13.09
«O que vivimos hai dúas semanas é insuperable»

«O que vivimos hai dúas semanas é insuperable. Non sei como será esta vez, pero aquilo foi impresionante»

13.07
«Aínda poden pasar cousas co meu pelo»

«Poden pasar cousas co meu pelo. Na vida non se pode descartar nada. Aínda que sería pouca cousa, que un vai perdendo unidades e hai que ter coidado»

13.06
«Faime ilusión saír ao balcón de María Pita»

«Faime ilusión saír ao balcón de María Pita, como non. Se che gusta cando ves a outros, non está mal probalo»

13.05
«O poder da fe paréceme un bo resumo da tempada»

«A fe foi a clave desta tempada e é un bo exemplo para todo o mundo. Unha boa lección sobre o deporte. O poder da fe paréceme un bo resumo da tempada»

13.04
«Contra eles foi o noso peor partido da tempada»

«Contra eles foi o noso peor partido da tempada, pero non creo que iso teña influencia mañá. É un contexto completamente distinto»

13.02
«A posibilidade de descenso da Real Unión é moi remota»

«A Real Unión ten que perder e que pasen tres resultados máis. A súa posibilidade de descenso é moi remota»

13.01
«Encerreime con chave no meu despacho para que non me toquen o pelo»

«Para que non me toquen o pelo encerreime con chave no meu despacho. E cando a xente se vai, saio doutra banda»

13.00
«Gustaríanos pechar a segunda volta con vitoria»

«Na segunda volta, os resultados son magníficos e gustaríanos pechala cunha vitoria»

O Deportivo pecha fronte á Real Unión a fase regular dunha competición que concluirá no máis alto da clasificación do grupo 1 de Primeira RFEF. Antes das festas de celebración do ascenso, o conxunto que dirixe Imanol Idiakez afronta un duelo no que tratará de concluír invicto a segunda volta. Medirase ao adversario que propiciou a derrota máis dura do curso. O técnico branquiazul analiza na sala de prensa de Abegondo o choque de Riazor.