En directo: Celta - Levante

BANCADA DE RÍO

Xoán Carlos Gil

O conxunto vigués busca unha vitoria que lle permita certificar a permanencia

16 jul 2020 . Actualizado á 23:08 h.

La Voz de Galicia

Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

FINAL
Acabouse o partido

Derrota do Celta ante o Levante que obriga aos celestes para gañar na última xornada ante o Espanyol para manter a categoría. 

Terceiro do Granada

Sentenza o conxunto nazarí ante o Mallorca, mentres en Leganés gañou 0-2 ao Athletic.

min 94
Vermello a Nolito e gol anulado

Munuera Montero acode ao VAR para revisar o gol e de volta expulsa a Nolito anula o gol por fóra de xogo. 

min 90
Goooooooooooooooooooooooool do Celta

Colgou o balón Bradaric para o remate de Nolito. Empata o Celta. 

min 89
Entra Juan Hernández

En lugar do lesionado Araújo.

min 89
Disparou Rafinha

Disparou tropezado directo ás mans de Koke.

min 87
Terá que ser substituído

Piden a padiola para poder sacalo do campo. Queda un cambio ao Celta. Ten unha fenda na cabeza o central celeste. 

min 86
Tendido Néstor Araújo

Está sobre o céspede tras un choque con Coke. Xogo parado. 

min 84
Cambio no Celta

Entrou o Toro Fernández en lugar de Brais Méndez.

min 83
Tivo o empate o Celta

Centro de Olaza ao segundo pau, tratou de pola Araújo pero non chegou ninguén ao remate. 

min 80
Gol do Leganés

Anota o conxunto madrileño ante o Athletic. 

min 79
Cambio no Celta

Marcha Kevin e entra Hugo Mallo

min 77
Segundo tanto do Alavés

Sentenza o partido o conxunto vitoriano ante o Betis.

Dobre cambio no Levnate

Marcha Mayoral por Molares e marcha Bardhi por Melero

min 72
Non chega Santi Mina

Centro de Kevin pero non chegou Santi Mina que lle deu unha patada ao aire. 

min 70
Gol do Granada

Gol do conxunto dirixido por Diego Martínez ante o Mallorca. 

min 66
Esmaga o Celta

Instalado en campo rival, mantén posesións moi longas pero sen chegar a culminar ante un Levante que está a pechar moi ben os espazos. 

min 64
Cambio no Levante

Recoloca o equipo Paco López: marcha Roger e entra Koke

min 61
Proba Rafinha

Ataque estático do Celta que culminou cun disparo de Rafinha que marchou alto.

min 57
Revísaa Munuera Montero

Achegouse ao VAR para revisar a entrada de Miramón e a mostrado a vermello e anula a amarela. Cun menos o Levante. 

min 56
Amarela para Miramón

Por unha dura falta sobre Iago Aspas.

min 52
Gol do Alavés

Volven complicar as cousas. Anota o Alavés por medio de Joselu. 

min 51
Gol do Levante

Centro ao primeiro pau de Rochina para Mayoral que viña en carreira e anota o terceiro. 

min 45
Sae con intencións o Levante

Centro de Miramón que despexou Kevin para evitar o remate. 

min 45
Arrinca a segunda parte

Move o balón agora o Levante. 

Descanso
Dobre cambio no Celta

Saen Bradaric e Nolito e marcharon Fran Beltrán e Okay

DESCANSO
As imaxes da primeira parte
DESCANSO
Acábase a primeira parte

Fin dos primeiros 45 minutos. Empate a dous. Todo por decidir. 

min 45
Empata o Granada ante o Mallorca

Anota o Granada por medio de Víctor Díaz en Mallorca. Con estes resultados o Celta selaría a permanencia. Todo por decidir. 

min 45
Gooooooooooooooooooooooooooooool do Celta

Non podía ser outro. Non podía ser doutro xeito. Iago Aspas iguala a contenda. Pase ao oco de Santi Mina para o de Moaña. Saída de Koke fóra da área, que esquivou Iago, disparou cruzado e puxo a igualada no marcador ao bordo do descanso. 

min 41
Amarela para Rafinha

Primeiro cartón do partido por un agarrón sobre Campaña para evitar a contra do Levante. A amarela carreta suspensión. 

min 38
Balón parado para o Celta

Falta lateral para os celestes. Disparou Olaza e rematou Murillo en ferro. Saque de porta para o Levante. 

min 35
Goooooooooooooooooooooool do Celta

Disparo de córner, prolongou de cabeza de Araújo para Santi Mina que rematou para recortar distancias. 

min 35
Fóra por milímetros!

Pase ao oco de Aspas para Brais que disparou raso. Saque de esquina

min 29
Atrapou Koke

Colgou o balón Santi Mina ao bordo da área pequena ante a chegada de Rafinha pero detivo o porteiro do Levante. 

min 28
Gol do Levante

Dobrete de Bardhi. Contra perfecta do Levante, esvarón final de Araújo, disparo ao pau longo e segundo para os de Paco López. 

min 25
Disparo alto

Condución de Campaña que probou o disparo afastado. Marchou alto. Saque de porta para o Celta. 

min 22
Proba Iago

Disparo desviado e cae Iago na área. Munuera Montero sinala saque de esquina

min 21
Detena Koke

Disparo de Brais Méndez a media altura ás mans do porteiro do Levante. Primeiro disparo entre os tres paus dos celestes.  

Gol do Mallorca

Complícanse un pouco máis as cousas, gol do Mallorca fronte ao Granada. Marca o Cucho Hernández. 

min 17
Necesita a posesión

O Celta non está a controlar a posesión, non desprega o seu xogo sen balón e o Levante domina nestes primeiros minutos, chegando e xerando moito perigo.

min 15
Saque de esquina para o Celta

Contra de Iago Aspas que despexou no último instante Vezo a saque de esquina. 

min 14
Anulado por fóra de xogo

Anúlase por fóra de xogo o segundo gol do Levante. 

min 13
Segundo do Levante

Pase atrás de Orriols para o disparo de Mayoral de primeiras e bater por segunda vez a Iván Villar. 

min 10
Gol do Levante

Abre o marcador Bardhi. Triangulación de esquerda a dereita, pase da morte e disparo ao paro curto para anotar o primeiro. 

min 8
Despexou Koke

Balón longo buscando a Iago Aspas que despexou o meta do Levante cun cabezazo fóra da área. 

min 3
Proba o Levante

Cun disparo cruzado de Bardhi ao pau curto de Iván Villar que despexou o porteiro celeste. 

min 2
O Celta quere o balón

O conxunto celeste saíu coas ideas claras. Non quere renunciar a ningunha ocasión. En apenas dous minutos dous saques de esquina, aínda sen ocasións claras, pero si con intencións. 

min 1
Arrinca o partido

Comeza a penúltima xornada en Primeira. Primeira posesión para os celestes. Contarémosvos o que suceda nos partidos de Leganés, Mallorca e Alavés. 

21.57
Os 22 no céspede

Saúdos, sorteo de campos e comezará a rodar o balón. En xogo a permanencia do Celta. 

Todo a punto!
Xogadores a piques de saltar ao campo

Todo listo en Balaídos. Xogadores no túnel de vestiarios a piques de saltar ao campo. 

Vos Nosos
Once do Celta

Os elixidos por Óscar García Junyent son: Iván Villar, Kevin, Murillo, Araújo, Olaza, Okay, Beltrán, Rafinha, Brais Méndez, Iago Aspas e Santi Mina.

O rival
Once do Levante

O cojunto valencianista xogará con: Koke Vegas, Róber Pier, Radoja, Roger, Bardhi, Rubén Vezo, Rochina, Clerc, Jorge Miramón, Mayoral, Campaña.

O técnico
Unha nova final

Óscar García Junyent ten claro que se enfrontan a unha nova final e insistiu en que o equipo ten que centrarse en si mesmo ao ter na súa man a salvación se consegue un triunfo nos dous partidos que quedan. «É unha final como todos os outros, como o eran contra Osasuna, Atlético... Todos os tomamos como unha final e cando quedan dúas, a xente valórao moito máis como unha final», indicou. Estas foron as súas palabras:

19.38
Os rivais

Ás 21.00 arrincará a xornada en horario unificado e nós contarémosche os marcadores do resto de estadios nos que está en xogo a permanencia. Estas son as opcións de Alavés, Mallorca e Leganés para salvarse:

19.35
O Celta xa está en Balaídos

Máis madrugadores que de constumbre, o conxunto celeste xa está en Balaídos. Caras de concentración nas caras dos xogadores. 

Día de partido!
Penúltima xornada!

Boas tardes a todos! Como están eses nervios? Apenas hora e media para que arrinque a penúltima xornada de Liga e o Celta ten na súa man conseguir a permanencia en Primeira División. Unha vitoria ou repetir o resultado que faga o Mallorca serviralle aos de Óscar García Junyent para certificar a permanencia.