Unha empresa galega crea unha app para localizar á túa mascota perdida: «Ata o de agora só os veterinarios ou centros de animais tiñan acceso aos datos do microchip»

La Voz

YES

O obxectivo é facilitar o acceso aos datos dos animais a calquera persoa, para que poidan localizar ao dono canto antes, xa que ata o de agora estaban restrinxidos para veterinarios ou responsables de refuxios

19 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Pablo Rivera é a parte tecnolóxica, —as súas outros dous socios están máis relacionados co mundo animal—, de TIC4PETS, unha empresa «pet friendly» que acaba de lanzar Mascotas en rede, unha «app» revolucionaria para localizar ás mascotas perdas. «Se o teu can está rexistrado en Galicia, e pérdese en Madrid, administrativamente o tema é moi complexo, porque os rexistros non están compartidos. Deste xeito, se estás dado de alta na aplicación, e cando se perde lanzas unha alerta, calquera que lea o microchip pode porse en contacto contigo» 

—_Vós xa tedes experiencia xestionando datos de animais...

—Si, xa desenvolveramos unha app para a xestión de refuxios de animais, colonias felinas... Iso dábanos moita información, tiñamos unha base de datos potencial moi ampla, da cantidade de mascotas que podemos ter rexistradas, e ocorréullenos xuntar isto co dramático que pode ser para unha persoa perder a unha mascota, e o complicado que é, ás veces, recuperala, e de aí xorde Mascotas en Rede.

 —E en que consiste?

—Eu, como propietario dunha mascota, ou de varias, douna de alta dentro da app, para que así, en caso de extravío, eu poida lanzar unha alerta, e que calquera persoa, non soamente un veterinario ou os responsables dun refuxio, que consiga ler o chip da mascota, poida entrar gratuitamente en nosa app, pór o chip e contactar comigo canto antes. Eu, no momento de crear a alerta, xa decido que datos quero compartir: se quero que saia o meu nome e o meu teléfono, ou o meu correo, se non quero que saia nada, e saia soamente un formulario para que alguén me diga que a atopou...

 —Como se xestionaban ata o de agora estas situacións?

—Moitas veces isto quedaba limitado ben a veterinarios ou a centros específicos que tivesen acceso a estes datos, e deste xeito o que facemos é democratizar un pouquiño o acceso a eles cando es capaz de ler o microchip, e que a reunión da mascota co seu dono sexa o máis rápido posible.

 —Como se len os chips?

—Tes que ter un lector de chips, pero hai lectores moi económicos. Hai xente que o ten e xente que non. Se non o tes, terías que ir a un centro especializado onde cho puidesen ler, ou calquera que poida ler o chip, pero a vantaxe desta app respecto á canle ordinaria é que a canle ordinaria non ten a información de todas as mascotas.

 —Que novidade trae vosa «app» respecto a como se facía ata o de agora?

—Que rompe barreiras físicas. Cada comunidade autónoma ten os seus propios rexistros sanitarios, e non están compartidos. Se a túa mascota, rexistrada en Galicia, pérdese en Madrid, administrativamente o tema é moi complexo. Soamente pódeo consultar unha persoa determinada nunha zona determinada onde a súa Administración autonómica permita. Para min a clave é que deste xeito calquera persoa que poida ler o chip, pode consultalo, sexa de onde sexa a mascota e atópea onde a atope.

 —Se perdes á túa mascota noutra comunidade diferente á que está rexistrado, é unha lea.

—É que non hai información dela. Se eu perdo ao meu can, que está rexistrado na Coruña, en Madrid, se alguén o atopa, aínda que lea o chip non vai saber de quen é. Ou van buscando en todas as comunidades autónomas para ver onde está rexistrado, ou se non, non o atopan. Quedaría nun refuxio de animais e quedaría á espera de adopción ou o que sexa. En moitos casos, é imposible atopalo aínda que estea localizado, porque non se pode localizar ao dono.

 —Isto é o que quere cambiar o Goberno cun rexistro único que non dá chegado?

—Pero ver complicado, e a moito tempo vista. Mentres iso non pase, porque hai que unir a unha chea de asociacións que xa están a traballar dunha forma moi determinada, non hai moita esperanza de que se vaia a facer nin ben nin rápido. Nós vimos cubrir precisamente ese oco. E no caso de que se fixese, esa consulta seguiría sendo só para profesionais.

—Que é o primeiro que hai que facer cando se perde a unha mascota?

—Entrar e crear a alerta sobre a mascota determinada, e se alguén a atopa e le o chip, xa lle saen os datos que ti escolleses que lle queres mostrar. E a maiores se entrase en calquera refuxio da nosa rede, automaticamente avisaríante.

 —É bo porlle «airtag» aos cans?

—Calquera cousa que emita unha frecuencia, canto máis lonxe teñámolo, mellor. Non está demostrado que sexa prexudicial, nin moito menos, pero ao final, vivimos nun mundo no que se mesturan tantas frecuencias: Bluetooth, wifi, 5G, GPS... téndese a evitar a maior cantidade de interferencias posibles próximas a nós. Ademais, é relativamente doado que, sobre todo cos movementos do can, con algún golpe que leve ou que se desenganche, que o can poida chegar a comerse a pila que levan dentro os airtags, ou similares, e iso é moi perigoso para o animal.