Que debo facer para enviar fotos a Xa choveu?

Carlota G. L. / A. M. L.

XA CHOVEU

Turistas no castelo de San Felipe de Ferrol sacando unha fotografía en 1998
Turistas non castelo de San Felipe de Ferrol sacando unha fotografía en 1998 KOPA

Tes imaxes nalgún álbum da casa que queiras compartir? Ou tal vez fotografías na galería do móbil que non queres perder? Xa choveu quere recompilar a historia de Galicia creando esta memoria colectiva. Aquí resolvemos as túas dúbidas

17 jun 2024 . Actualizado á 11:03 h.

O novo vertical de La Voz de Galicia, Xa choveu, nace para recompilar aquelas noticias que foron historia de Galicia, pero tamén as intrahistorias persoais dos galegos e galegas. Para iso, queremos escoitar as vosas historias e recuperar as vosas fotografías. 

Neste portal poderedes atopar álbums con imaxes de distintos lugares, festas e acontecementos e facer as vosas propias buscas. Aquí atoparedes tamén as vosas imaxes despois dun período de revisión. 

Como podo participar en Xa choveu?

O proceso é moi sinxelo:

1. Inicia sesión ou rexístrate como usuario de La Voz. Se aínda non o fixeches fai clic aquí. (Se navegas sen iniciar sesión podes recorrer a web mais non poderás enviar contidos).

2. A continuación deberás cubrir o formulario de envío:

a. Nun primeiro intre, pídense os datos da persoa que manda o material fotográfico.

b. A medida que engadas as imaxes dentro do formulario deberás aportar información de cada unha para que poidamos localizalas e xestionalas (autoría, localización...).

c. Le detidamente o cadriño final onde se especifican as regras de funcionamento e marca a xaneliña que di “Acepto as normas de participación”.

Toda esta información axúdanos a protexer os contidos, coidar os dereitos e crear un espazo responsable. Ademais, se navegas sempre iniciando sesión co usuario de La Voz, poderás comentar nas noticias e apuntarte ás nosas newsletters.

Por que teño que rexistrarme?

Poderás navegar pola web sen estar rexistrado, mais se o que queres é formar parte da memoria colectiva de Galicia e achegar as túas fotos e recordos persoais, deberás iniciar sesión como usuario de La Voz. Ademáis de enviar as túas fotos a este portal, poderás comentar nas noticias e incluso ter acceso a outros servizos do xornal como as newsletters. O rexistro é totalmente gratuíto. Fai clic aquí.