Socorren a un muller ferida ao escorregar na praia da Concheira en Baiona

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO CIDADE

O 061 socorreu á vítima, que se golpeou nun cóbado e a cabeza e trasladouna a un hospital en Vigo

16 mares 2024 . Actualizado ás 16:12 h.

Unha muller foi socorrida este sábado tras sufrir unha caída na praia da Concheira. Explican no operativo de urxencias activado que a vítima paseaba pola praia, na zona de rocas próxima a unhas escaleiras, e escorregou. 

Por mor da caída, a muller golpeouse nun cóbado e na cabeza, e foi socorrida por unha ambulancia do 061 en colaboración con efectivos do Grumir do Baixo Miño, que a trasladaron a un hospital en Vigo para ser atendida. A vítima, segundo as mesmas fontes, está ferida leve.