Minuto de silencio no Concello de Vigo polo 11M

La Voz VIGO

VIGO CIUDAD

M.Moralejo

A corporación se reunión na Praza do Rei no vinte aniversario da traxedia

11 mar 2024 . Actualizado á 20:44 h.

A corporación do Concello de Vigo ao completo reuniuse hoxe para un minuto de silencio polo vinte aniversario dos atentados do 11M. O alcalde, Abel Caballero, tomou a palabra para lembrar a todos os falecidos (192 en total, aínda que o rexedor se equivocou ao citar 152), os feridos e os seus familiares. «Marcou dramaticamente a historia deste país», lembrou o rexedor. Os concelleiros dos diferentes grupos con representación municipal mantiveron a sentida homenaxe, que rematou cun aplauso unánime en recordo das vítimas do atentado xihadista. As homenaxes percorren hoxe a xeografía española tras dúas décadas dos ataques en Madrid.