«Síbaris», a obra póstuma do escritor Domingo Villar recala en Afundación de Pontevedra

VIGO CIDADE

04 novs 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Síbaris, a obra póstuma de Domingo Villar (Vigo, 1971 - Vigo, 2022), chega este venres e sábado (20.30 horas) ao auditorio de Afundación de Pontevedra con Carlos Blanco , Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Nóvoa como protagonistas. A peza está dirixida por Lois Blanco e as entradas pódense adquirir en Ataquilla.com a un prezo de 12 euros máis comisión.

A obra, o único texto teatral escrito polo autor do último barco ou A praia dos afogados, ten como punto de partida ao escritor Víctor Morel, quen, «vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario», o certo é que «non atravesa un bo momento».