Ateneo Atlántico pon en valor a cartelería comercial de Vigo

La Voz VIGO

VIGO CIDADE

O fotógrafo Jorge Lens falará da memoria gráfica nos establecementos da cidade

04 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 19.00 horas • Elduayen, 19 • Memoria gráfica do noroeste a través dos rótulos tradicionais é o título do encontro organizado polo Ateneo Atlántico en torno ao traballo fotográfico realizado por Jorge Lens. Poderase seguir en Aula D, reservando praza a través do correo electrónico ateneoatlantico\gmail.com. Xorde tras a iniciativa do Ateneo para pór en valor os carteis de comercios e locais de Vigo. Xa hai uns anos, Jorge Lens desenvolvo un proxecto fotográfico ao redor destes elementos, moitos deles xa hoxe desaparecidos, pero documentados polo fotógrafo.