Cata musicalizada de bagazo

Laura Amoeiro VIGO / LA VOZ

VIGO CIDADE

Óscar Vázquez

O consello regulador de augardentes e licores de Galicia organiza unha «viaxe dos sentidos» en Vigo

18 ago 2020 . Actualizado ás 10:21 h.

O presidente do consello regulador de augardentes e licores tradicionais de Galicia, José Antonio Feijóo, deu hoxe inicio a unha cata de 5 monovarietales de albariño en Vigo. Trátase da cuarta sesión do ciclo Bagazo de Galicia que se celebra no Hotel Cidade de Vigo. Unha vintena de persoas acudiron á degustación, exposta como unha auténtica «viaxe dos sentidos» grazas aos matices da variedade de uva albariño empregada para elaborar as bebidas e ao feito de que se trataba dunha cata musicalizada. Entre os asistentes, a viguesa Teresa González comentaba que a experiencia «está a ser moi enriquecedora». O contacto do albariño tanto co mar como co río fixeron que Vigo fose a localización elixida, explica a enóloga Sonia Otero.

Rebeca Ponche musicalizó o evento a través da súa voz e o son do teclado, con temas que xorden da inspiración do sabor de cada un dos produtos da proba, tal e como conta a autora. Para o elemento de auga, pensou sobre todo en «a auga da choiva que roza a uva» á hora de compor os temas.

A última sesión do ciclo Bagazo de Galicia será en Muxía o 20 de agosto. Antes pasou por Santiago, a Ribeira Sacra e Berán-Leiro, en Ourense.