O Urban Food ofrece tapas de deseño e un concerto de Broken Peach

La Voz

VIGO CIDADE

M.MORALEJO

O evento organizado por Mahou acollerá un exhibición da chef Lucía Freitas, da Tafona

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O auditorio Mar de Vigo afronta a segunda xornada do Mahou Urban Food Festival, que ata agora se denominaba Mercado de Sabores. O evento aúna gastronomía, música e as cervexas do patrocinador Mahou, e desenvolverase ata o domingo 26 de maio.

O programa de hoxe comezará ás 13.00 horas coa entrega das chaquetillas Bib Gourmand Michelin. Desde as 14.00 horas estará achegando unha banda sonora un set de dj's, mentres que media hora máis tarde haberá unha exhibición culinaria protagonizada por Lucía Freitas, da Tafona.

Ás 20.00 horas presentaranse ao público as tapas realizadas polos cociñeiros participantes no evento. O ambiente musical regresará ás 21.00 horas, ao mesmo tempo que se realizará unha exhibición de tirada de cervexas de barril. Ás 22.30 horas comezarán o concerto do grupo vigués Broken Peach.

Para facilitar o acceso desde o centro de Vigo, Vitrasa puxo en marcha autobuses lanzadeira desde puntos clave da cidade cada trinta minutos. As súas saídas serán desde a praza de Compostela e A Laxe. Os horarios establecidos destas lanzadeiras son hoxe de 20.00 a 22.00 horas.