A Sinfónica de Vigo 430 dá un concerto con David Fons

La Voz

VIGO CIDADE

XOAN CARLOS GIL

A formación orquestral interpretará composicións de Walton e Shostakovich

19 ene 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Orquestra Sinfónica Vigo 430 protagonizará un concerto a partir das 20.30 horas no Teatro Afundación. As entradas pódense adquirir a partir de sete euros. Desta forma, a formación viguesa comeza o ano 2018 coa colaboración do violista David Fons. O programa está composto polo concerto de Walton para viola e orquestra e a Sinfonía Nº5 ,de Shostakovich. Os músicos será dirixidos por Vicent Alberola.

O solista invitado David Fons iniciouse en viólaa baixo a supervisión de Vicente Ortiz e Luis Roig, continuando despois con Lluis Llacer, Jesse Levine e Wilfied Strehle. O músico obtivo premios de honra nos conservatorios Mestre Vert de Carcaixent e no Conservatorio Superior Joaquín Rodrigo de Valencia . David Fons é profesor no Conservatorio José Iturbi de Valencia e traballou en orquestras, como a EUYO, OCV e o Collegium Instrumentale. Ademais, participou en destacados festivais de música de cámara de España, Francia e Italia.