Un xardín privado de Caldas de Reis, o máis belo de Galicia

Alfredo López Penide
L. Penide CALDAS / LA VOZ

TOMIÑO

CONCELLO DE TOMIÑO

A proposta de Anxo Otero, quen revalida un título que xa conseguiu o ano pasado, «roza a perfección» 

14 feb 2024 . Actualizado ás 14:28 h.

Un xardín privado situado en Caldas de Reis e deseñado por Anxo Otero resultou gañador da cuarta edición dos Premios Xardín Galego que conceden a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) «pola súa aposta firme e decidida pola diversidade vexetal».

Desde o Concello de Tomiño subliñaron que, «deste xeito, Otero revalida o título de gañador que xa obtivera o ano pasado pola ‘resolución brillante de deseño e de composición baseada na exuberancia das plantas e das súas floracións, facendo unha excelente lectura potencial das terrazas para albergar unha colección botánica máis que interesante'». O xurado destacou que a súa proposta «roza a perfección» cun deseño no que domina «o elemento vexetal e a cor, creando espazos interesantes visualmente nos que o cambio estacional recreará escenarios diferentes».