Un incendio calcina unha ducia de coches clásicos nun garaxe de Salceda

A voz VIGO

SALCEDA DE CASELAS

Alejandro Martínez

Ocorreu nunha nave dedicada á restauración, situada en Pomar de Suso

03 jul 2019 . Actualizado ás 12:16 h.

Un lume rexistrado a pasada noite en Salceda de Caselas calcinou unha ducia de coches clásicos e afectou á estrutura e o tellado do inmoble, unha nave dedicada á restauración destes vehículos.

Debido á magnitude do incendio e á alta temperatura acadada foi preciso aumentar a intervención dos efectivos de extinción.

Os feitos ocorreron en Pomar de Suso, cara a onde o servizo de emrgencias do 112 desstinó efectivos do parque de bombeiros do Baixo Miño, do Morrazo e de Ponteareas . Ademais, tamén se desprazaron membros de Protección Civil, Garda Civil, Policía Local e Urxencias Médicas. 

O operativo estendeuse durante catro horas e media, segundo recolle Efe.