0003_202405V12C9991

O choco non ten rival en Redondela

La Voz REDONDELA / LA VOZ

REDONDELA

XOAN CARLOS GIL

A festa ofrece actuacións e moitos postos onde degustar o famoso cefalópodo

12 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Festa do Choco de Redondela cumpre 37 anos. A vila pon todo o cefalópodo dispoñible no asador (ou na paellera, forno, pota, ou tixola), para ofrecer pratos elaborados con este manxar que se dá tan ben nas súas augas. Hoxe terá lugar a última xornada. Ás 10.30 abrirá a carpa degustación e ás 11.30 haberá concerto da Banda de Música de Chapela. Ás 12.30 o cómico Rafa Durán lerá o pregón e ás 13.00 horas actuará O Carballo dás Cen Polas. Hai moitos postos onde degustar choco (na imaxe, Raquel Cabaleiro, de Casa Chano). Ás 21.00 horas a orquestra Gran Parada ofrecerá un concerto como remate. Ademais levan a cabo rutas en barco para visitar a Illa e enseada de San Simón. O prezo é de 5 euros por persoa.