O Estado porá glorietas nos cruces da N-120 en Ponteareas

PONTEAREAS / LA VOZ

PONTEAREAS

A. Martínez

O Ministerio de Transportes investirá 3,35 millóns de euros

18 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Ministerio de Transportes investirá 3,35 millóns de euros en mellorar a N-120 en Ponteareas. Modificou o proxecto inicial ao que se suman dúas novas glorietas, unha no quilómetro 645,060 e outra no 646,670.

En total, haberá seis rotondas nos cruces que serán iluminados. Tamén renovarán o asfalto para mellorar a seguridade viaria. O BOE publicou a aprobación provisional que estará un mes en exposición pública. O proxecto inclúe a ampliación das sendas peonís previstas ao redor das glorietas e unha nova reordenación dos accesos á vía.

As obras levarán a cabo no tramo comprendido entre o núcleo urbano de Ponteareas e a intersección do Confurco. Son cinco quilómetros de lonxitude nas parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas. Ademais das rotondas haberá a reordenación de accesos, a execución dunha senda peonil anexa á estrada. Tamén se porá unha nova capa de rodaxe en todo o tramo e adecuaranse a sinalización, o balizamento e as defensas.