A Xunta renova no Porriño os carnés de 37 voluntarios de Protección Civil

Monica Torres
Mónica Torres O Porriño

O Porriño

cedida

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, fixo entrega dos documentos a 18 efectivos do Val Miñor, 5 de salceda, 2 de Redondela, 1 de Moaña e 10 da capital do Louro

28 novs 2023 . Actualizado ás 17:01 h.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presidiu este martes o acto de entrega dos novos carnés de voluntariado de Protección Civil celebrado no Porriño. Xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, a representante autonómica destacou o importante labor que realizan as agrupacións da provincia, das que acentuou a súa vocación de servizo público.

«O papel que fai Protección Civil é insubstituíble e supón un dos grandes avances nunha sociedade que pretende avanzar e mellorar», sinalou Ana Ortiz. A delegada tamén destacou que «nun mundo como o actual, debemos ter referencias como as vosas, persoas desinteresadas, que achegades horas, esforzo, traballo e, sobre todo actitude, porque estades sempre no lugar que facedes falta dispostos a axudar». En total entregáronse un total de 37 renovacións de carnés, dos que 18 pertencen á agrupación do Val Miñor, 10 á do Porriño, 5 a Salceda de Caselas, 3 a Redondela e 1 a Moaña.

A delegada destacou o importante labor que realizan as nove agrupacións da área de Vigo, das que destacou a súa vocación de servizo público, e apuntou que «hoxe estades aquí moitos voluntarios, pero sodes máis e a todos me gustaría mostrarvos o agradecemento da Xunta polo voso labor».