O PP urxe que O Porriño cobre os 1,2 millóns que deben as canteiras

Monica Torres
M.Torres O Porriño

O Porriño

M. Moralejo

Os populares forzaron un pleno para abordar este pagamento, así como o do aparcadoiro da avenida de Galicia

25 oct 2021 . Actualizado ás 23:30 h.

O PP do Porriño esixiu onte, nun pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular, que o goberno local reclame á concesionaria do aparcadoiro da avenida de Galicia os 40.000 euros que debe do canon desde o 2012 e o cobro dos alugueiros das canteiras, «nos que hai 1,2 millóns de euros pendentes de abonar».

«É unha situación grotesca. Resulta inexplicable que non se reclamen os 1,2 millóns para destinalos a servizos e melloras para os veciños». No caso do aparcadoiro, consideran que a situación «empeora porque a empresa si cobra aos usuarios, pero non paga o canon e incumpre de forma grave os pregos da concesión en canto á limpeza, a seguridade e os servizos das instalacións». O edil, Manuel Lorenzo lembrou que a concesión se fixo no 2004 por 40 anos e denunciou o seu «abandono». Denuncian que o ascensor está fóra de servizo, o que impide o uso de persoas con mobilidade reducida.