A audiencia confirma a inocencia de Nelson Santos

Alejandro Martínez O Porriño

O Porriño

M.MORALEJO

Desestimado o recurso da Fiscalía tras a súa absolución por prevaricación administrativa continuada

02 may 2019 . Actualizado ás 19:52 h.

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra confirmou a sentenza do xulgado do penal número 2 de Pontevedra na que absolve ao exalcalde do Porriño, Nelson Santos, dun delito de prevaricación administrativa que lle imputaban. O tribunal desestimou o recurso de apelación interposto polo fiscal contra o fallo ditado enjunio de 2018. A Fiscalía acusábao de realizar contratacións sen ningún tipo de procedemento e levantar reparos de Intervención para ordenar os pagamentos. «Esta sala lembrou que a mera ilegalidade da decisión non é suficiente para a integración do delito, considerando que as normas administrativas prevén supostos de nulidade controlables pola xurisdición contencioso administrativa, sen que sexa precisa a aplicación do Dereito Penal, que é para casos máis graves», reza o fallo feito público onte. Santos abandonou a política cando se sinalou o xuízo.