Nigrán prepara o contrato da limpeza por 32,9 millóns e unha duración de dez anos

La Voz NIGRÁN / LA VOZ

NIGRÁN

Óscar Vazquez

O servizo leva case tres anos prorrogado a Cespa

02 novs 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O goberno socialista de Nigrán aprobou os pregos que rexerán a próxima contratación do servizo de recollida de residuos , limpeza viaria e praias do municipio. Contou co voto en contra do PP e abstención do BNG e outorga luz verde á súa publicación no perfil do contratante e no Diario Oficial da Unión Europea. Tras case 3 anos prorrogado a Cespa-Precero, o contrato pasará dunha concesión de 16 anos por 26 millóns de euros a unha adxudicación de servizo con valor máximo de 32,9 millóns de euros e dez anos de duración sen dereito a prórroga. «Son vos mellores plegos que podiamos traer, elaborados por técnicos e con criterios, polo tanto técnicos, co único obxectivo de prestar ou mellor servizo á cidadanía», explicou o alcalde, Juan González, que, ante a petición do BNG de «darlle unha volta» e presentalos máis adiante para evitar reparos de Intervención, animou a facer «alegacións construtivas, non as que busquen atrasar ou proceso». Entre as novidades fronte ao actual servizo prorrogado a Precero inclúe brigadas de limpeza viaria, selección de orgánica e sistema de recollida intelixente.