Enriqueta, orfa dun asasinado da Guerra Civil, cumpre 100 anos en Nigrán

La Voz NIGRÁN / LA VOZ

NIGRÁN

cedida

A vida desta muller estivo marcada por o epidosio da volta dous nove

21 oct 2023 . Actualizado ás 01:09 h.

Enriqueta Fernández Rodríguez, veciña da parroquia de San Pedro, no municipio de Nigrán , cumpriu onte un século de vida. A celebración do seu 100 aniversario, á que acudiu o alcalde socialista Juan González, serviu para lembrar que se trata dunha muller marcada pola traxedia e traer á memoria un episodio histórico: A volta dous nove.

Enriqueta é un das tres sobreviventes que quedan entre os 31 orfos de nove homes na curva de Bombardeira, en Baiona , a mans de falanxistas na madrugada do 16 de outubro de 1936. Naquel momento, a agora veciña centenaria de Nigrán aínda non cumprira os tres anos. O seu pai Modesto Fernández, un mariñeiro de Panxón coñecido como Rei Chiquito, tiña 46. Rosalía Rodríguez, a nai de Enriqueta, tivo que sacar adiante a sete fillos.

Enriqueta viviu en silencio durante toda a ditadura o asasinato do seu pai. casou con Olimpio e tiveron un fillo ao que bautizaron co mesmo nome. Traballou toda a vida en casa e superou varias enfermidades graves, incluída a rotura da cadeira aos 90 anos. O segredo da súa lonxevidade, apunta a familia, pode estar nas longas camiñadas que fixo a diario.