Mondariz recupera o seu pediatra

La Voz MONDARIZ / LA VOZ

MONDARIZ

Cedida

O Concello mostra a súa satisfacción pola incorporación a partir do luns

27 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Mondariz anunciou que en abril se incorporará a titular do servizo de pediatría do centro de saúde. Así o deu a coñecer a concelleira de Servizos Sociais, María José Álvarez, quen mostrou a súa satisfacción de que «por fin a cidadanía teña que deixar de reivindicar un servizo público indispensable e deixe de ser un trastorno para as familias con menores de catorce anos».

A edila sinalou que estaban sen o servizo desde o pasado mes de novembro e que, a partir do luns, a titular estará no centro de saúde as mañás dos luns, martes, xoves e venres. A falta deste servizo xerara protestas dos usuarios, que tiñan que desprazarse para ser atendidos. «A súa chegada evitará moitos desprazamentos ás urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro, centro ao que eran derivadas as familias en todos lestes meses nos que non había pediatra non noso centro de saúde. Alegrámonos de que fosen escoitadas as súas e as nosas demandas sendo convocada a praza de Mondariz nas de de difícil cobertura», destacou Álvarez.