Seis membros dunha familia resultan intoxicados por monóxido de carbono en Moaña

La Voz

MOAÑA

M.MORALEJO

Ocorreu na madrugada de onte e un dos afectados foi o que alertou aos servizos de urxencias

11 ene 2020 . Actualizado ás 17:35 h.

Seis membros dunha familia, dous adultos e catro menores, foron atendidos por intoxicación por monóxido de carbono a causa do mal funcionamento dun aparello de calefacción. Ocorreu sobre a 1 desta madrugada de onte en Moaña, nun inmoble de dúas plantas situado no lugar de Couso, na parroquia de Santa Eulalia de Meira. Un dos membros da familia contactou co 112 para indicar que acudía ao centro de saúde, xunto con outros tres familiares, con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono. Ademais, indicaba que no domicilio quedaran outras catro presentas. O servizo 112 alertou ao 061, bombeiros do Morrazo e a empresa subministradora de gas. Os servizos de urxencias ventilaron a vivenda tras confirmar que as medicións resultaron positivas. Finalmente, outros dous membros da familia, ambos os menores de idade, tiveron que ser evacuados polos servizos sanitarios con síntomas de intoxicación.