Barcia de Mera ofrecerá ata setembro sete propostas musicais

La Voz COVELO / LA VOZ

COVELO

O escenario dos concertos será a igrexa barroca da parroquia covelense

19 abr 2023 . Actualizado á 05:00 h.

Do 29 de abril ao 16 de setembro desenvolverase a XV edición do Ciclo de Música de Barcia de Mera, en Covelo. O evento, que se desenvolve na igrexa barroca da parroquia covelense, contará coas actuacións do Trío Domani, A Música noutros Corpos, Guillermo Pastrana, Vicky Peña e Orestes Gás, Locus Músicos, a Orquestra Sinfónica de Galicia e Vox Stellae.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da XV edición do Ciclo de Música Barcia de Mera, na localidade de Mondariz-Balneario, onde destacou «a consolidación dunha iniciativa que leva xa 15 anos mesturando patrimonio e música de maneira excepcional e achegando, ademais, a cultura á contorna rural».

A iniciativa, que volve contar un ano máis co apoio da Xunta de Galicia, desenvolverase do 29 de abril e o 16 de setembro cun total de sete concertos que se celebrarán na igrexa barroca de San Martín de Barcia de Mera, no municipio de Covelo.

Trío Domani abrirá o ciclo cunha concerto o vindeiro sábado 29 de abril.