
Ata o de agora páganse 67, a tarifa que se acordou hai 17 anos
12 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.A Mancomunidade de Concello do Morrazo, integrada por Cangas, Moaña e Bueu, anunciou que a nova taxa de recollida de lixo custará un máximo de 126 euros anuais, fronte aos 67 que se pagaban ata o de agora. Indican que esta subida débese a que «leva sen actualizarse 17 anos. Isto significa que, para poder manter e mellorar a súa calidade, é necesario axustar». Ademais lembran que o 37% do importe vaise abonar Sogama, a empresa da Xunta que aguzosa o servizo e que subiu as súas taxas.
O PP de Cangas acusou ao BNG de aplicar un «taxazo» ao «peor servizo en décadas».