Iago Fernández presenta «Luzada» en Cangas

La Voz VIGO

CANGAS

O baterista estará acompañado por catro músicos

24 novs 2022 . Actualizado ás 10:44 h.

No Auditorio de Cangas , a partir das 21.30 horas, Iago Fernández presentará o seu novo traballo titulado Luzada. Neste concerto de jazz, o baterista estará acompañado por José Pedro Coelho (saxo tenor), Xan Campos (rhodes/sintetizador), Miguel Meirinhos (piano) e Demian Cabaud (contrabaixo). A entrada vale dez euros máis gastos de xestión en ataquilla.com. Iago Fernández é un batería que toca e compón coma se estivese a escribir poesía, o que lle valeu que lle chamen o poeta da batería”, sobre todo porque escribe poemas e pinta mundos visuais coloridos, ademais da súa premiada percusión. O seu espectro abarca desde o jazz ata Radiohead e desde a música clásica ata a música popular galega e brasileira, gravada en catro discos con colaboradores como Mark Turner, Yumi Ito ou Xan Campos