O cangués Nuno Ponce sorprende en «Got Talent»: «Tes unha voz bestial», díxolle Edurne

La Voz CANGAS / LA VOZ

CANGAS

20 oct 2022 . Actualizado á 10:37 h.

Cangas viviu o martes pendente da televisión para seguir a participación do seu veciño Nuno Ponce, que conquistou ao xurado de Got Talent cun tema de Bon Jovi. «Flipo coa voz que tes e cantando así de nervioso. Non me quero imaxinar cando esteas tranquilo. Tes unha voz bestial», díxolle Edurne. «Gústame moitísimo o tema que elixiches. Non che podo dicir outra cousa, parabén», engadiu Paula Echevarría. Dani Martínez tamén o felicitou. «Tes a típica voz que, vai acabar a canción e dáche pena», díxolle. Os tres déronlle o seu voto favorable. Non asín Risto Mejide, pero a familia do mozo, de 17 anos, agradece por igual o apoio de todos. «Creo que Risto foi moi honesto porque lle dixo que estaba moi nervioso e era verdade. Tamén dixo algo moi importante ao indicarlle que: «o teu timbre é o teu logotipo»», indicou a La Voz a súa nai, Sonia. A familia desfaise en agradecementos. Non só co xurado se non co seu pobo, «porque en Cangas somos unha tribo e todos nos apoiamos». Mención especial para o Conservatorio Municipal de Cangas e para o IES María Soliño.