Baiona é o municipio galego máis caro para comprar vivenda

L.C. Llera BAIONA / LA VOZ

BAIONA

Mónica Torres

O metro cadrado acada os 2.855 euros

11 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Baiona consolídase por segundo ano como o lugar de Galicia que ten o prezo máis alto por metro cadrado en vivendas de segunda man. Segundo o portal Fotocasa, que recolle o datos de 170 inmobles que están en venda no municipio, o prezo medio acada 2.855 euros por metro cadrado.

Os propietarios despediron así o ano, porque estes prezos son con decembro pechado. Despois de Baiona, o segundo lugar máis caro da provincia e que tamén constitúe un reputado centro de vacacións é Sanxenxo, a 2.753 euros o metro. Vigo sitúase nos 2.457 euros e destacan pola súa carestía Gondomar, con 2.313 euros o metro cadrado, e O Grove, onde está a 2.059 euros.

A comarca do Val Miñor converteuse en lugar de residencia de moitas familias que se trasladaron desde Vigo buscando unha mellor calidade de vida en casas e chalés espazosos.