Un monumento lembrará en Baiona a loita contra o lume

La Voz BAIONA / LA VOZ

BAIONA

Cedida

A obra servirá de homenaxe aos veciños que colaboraron na extinción dos incendios hai un ano

10 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Baiona renderá homenaxe o vindeiro domingo aos veciños do municipio que colaboraron na extinción dos incendios que arrasaron o 15 de outubro de 2017 a real vila. A homenaxe terá lugar no parque baionés Mercedes da Escaleira, aos pés da Virxe da Roca. Será inaugurado un monumento que deixe constancia da unión e solidariedade dos veciños. «Ademais do efecto devastador, os incendios deixáronnos a pegada solidaria dos veciños», di o alcalde Anxo Rodal.