130.000 euros para aerotermia nAs Neves

La Voz VIGO / LA VOZ

AS NEVES

Tamén se dotará o centro cultural

31 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar o contrato para instalar un sistema de aerotermia no edificio consistorial e no centro cultural dAs Neves cun investimento de 130.000 euros. O obxectivo desta actuación é substituír os actuais sistemas de climatización, que contan con problemas de eficiencia, polos de aerotermia que, tamén, «axudan a reducir as emisións de dióxido de carbono». A intervención instalará na rúa José Gil unha unidade exterior común en ambos os edificios con potencia frigorífica e calorífica. Parte do investimento provén do Idae.