As Neves pide colaboración para dar cos vándalos que incendian os colectores

La Voz AS NEVES

AS NEVES

cedida

«Xa van cinco queimados na mesma zona», confirma o alcalde, José Manuel Alfonso

14 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Os veciños das Neves asisten atónitos e visiblemente molestos a como autores descoñecidos están a plantar lume aos colectores públicos. O Concello pide a colaboración veciñal para dar cos autores destes actos de vandalismo que se están sucedendo. Segundo indicou a La Voz o alcalde, José Manuel Alfonso, xa se queimaron cinco na zona de Redondelo, A Chan, Liñares e Santa Mariña. «Pedimos a colaboración de todos para identificar aos responsables. Este comportamento non só damnifica ao noso Concello senón que tamén ameaza á seguridade de todos», lembran. 

Os veciños teñen idea de quen pode estar detrás destes feitos e o alcalde avanzou onte que presentará a correpondiente denuncia ante a Garda Civil. Concellos como Gondomar ou A Guarda sufriron hai meses unha onda de queima de colectores similar.