A Guarda impulsa unha escola de arqueoloxía no monte Santa Trega

La Voz A Guarda / LA VOZ

A Guarda

XUNTA DE GALICIA

O proxecto aspira a recuperar e consolidar os sectores do castro que foron escavados entre 1910 e 1930

23 ene 2021 . Actualizado ás 23:00 h.

O Concello da Guarda impulsa a creación dunha escola de arqueoloxía no castro de Santa Trega que sexa un referente para os estudantes que se especializan neste área do coñecemento. Trátase dunha das iniciativas do proxecto Trega, que a administración local vai pór en marcha para desenvolver todo o potencial patrimonial, social, cultural e científico desta contorna.

Cada verán, cinco alumnos do máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedad da USC terán a oportunidade de formarse como profesionais, levando a cabo prácticas de escavación, rexistro, topografía, flotación e mostras.

Baixo a dirección científica de Brais Currás, do CSIC, e no prazo de cinco anos, os traballos de recuperación das escavacións antigas do castro permitirán acceder a novos datos que achegarán un coñecemento máis a fondo do asentamento. Desta forma, contribuirán á posta en valor dun dos grandes atractivos do concello guardés. O proxecto Trega aspira a recuperar e consolidar os sectores do castro que foron escavados entre 1910 e 1930, que hoxe en día se atopan abandonados. Esta actuación dará paso ao mantemento das escavacións expostas ao público e a un labor de estudo e divulgación deste patrimonio arqueolóxico.

Escavacións

O proxecto expón volver escavar en varios sectores do castro para poder recuperar boa parte da información dos traballos antigos e profundar no seu coñecemento por medio da aplicación de novas tecnoloxías. mostras. Esta iniciativa conta coa colaboración do padroado do Monte Santa Trega e das comunidades de montes da Guarda e Camposancos.

O castro do Trega conta cunha longa historia de actividade arqueolóxica, escrita cos nomes da Sociedade Pro Monte, Ignacio Calvo ou Cayetano de Mergelina, entre outros divulgadores.