Localizan un cadáver flotando no mar na Guarda

A. Martínez VIGO

A Guarda

M.MORALEJO

O corpo foi localizado a milla e media de Portocelo

12 sep 2019 . Actualizado ás 14:56 h.

Un mariñeiro da Guarda rescatou esta mañá o cadáver dun home que quedou atrapado entre as súas redes. O suceso produciuse sobre as doce do mediodía en Sanxián, no Rosal, a poucos metros da costa. O pescador alertou deste feito ao 112 e agardou á patrulla marítima da Garda Civil, que se fixo cargo da investigación. O corpo foi trasladado ao porto da Guarda nunha zodiac da Garda Civil.

O mariñeiro, que non quixo facer declaracións, é un veciño da zona. A tal hora aínda non se identificou o cadáver, que foi trasladado ao hospital Nicolás Pena para facerlle a autopsia.