A danza terá o seu espazo entre o 2 e o 4 de outubro co festival Síntese Vigo

La Voz VIGO

VIGO

Estarán presentes, entre outros, Chevi Muraday e Cris Balboa

16 sep 2025 . Actualizado á 09:08 h.

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Teatro Permanente, A Iguana Club e a Escola Superior de Artes Escénicas de Galicia son os espazos onde se desenvolverá entre o 2 e o 4 de outubro Síntese Vigo, un festival dedicado á danza e á performance.

Serán tres días de performances e danza con artistas profesionais galegos e nacionais. O programa reúne unha selección de propostas artísticas que van desde a palabra e o movemento ata a inmersión sonora e espacial. Para plasmar o traballo de organización realizado por Cristina Cameselle e Geni Iglesias, impulsoras do proxecto, abriuse unha campaña de micromecenazgo no portal Verkami na que se fixou como obxectivo a obtención dos 4.000 euros estimados pola organizadoras. Estará activa a campaña durante dúas semanas.

Este evento contará coa participación de Chevi Muraday, bailarín e coreógrafo Premio Nacional de Danza. Tamén está prevista a actuación da performer galega Cris Balboa, a artista multidisciplinar Acacia Ojea, a compaña de danza Larumbe Danza e o artista plástico Seara.

O festival organizará eses días varios talleres con ningúns dos artistas participantes, como é o caso de Chevi Muraday e Larumbe Danza.