Joel Ribeiro, do Gondomar, campión de Europa júnior de só danza

LA VOZ VIGO

VIGO

Real Federación Española de Patinaxe

O patinador protagonizou unha nova exhibición no Europeo de Trieste

14 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Joel Ribeiro non só mantivo a vantaxe, senón que protagonizou unha nova exhibición na súa segunda aparición no Europeo de Trieste para colgarse o ouro na modalidade de só danza en categoría júnior. No apartado de Free Dance, o patinador do CPA Gondomar obtivo unha puntuación total de 86,3, superando en 14 ao italiano Alessandro Grossi, que tamén foi segundo nesta ocasión e levou a medalla de prata, mentres que o catalán Joan Jardí Marco repetiu a terceira posición.

Joel, todo un portento para a patinaxe artística, xa sacara once puntos de marxe ao italiano despois do primeiro programa e tiña todo a favor para colgarse o ouro, pero volveu asinar unha actuación en grao sumo destacado. Agora quédalle o Mundial.