
A banda norteamericana de rock actuará o 23 de novembro na sala Masterclub
26 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.Os desasistidos amantes vigueses do rock en directo terán na próxima edición do Underfest Xacobeo o seu ansiado bálsamo. Ás xa confirmacións da presenza de The Psichedelic Furs e The Tubs, súmase agora a banda norteamericana Cracker. Estará o 23 de novembro na sala Masterclub. Non será a primeira vez que pasen pola cidade. En novembro do 2015, estiveron nA Iguana Club.
O grupo de culto que soubo moverse con naturalidade e elegancia entre o alt-country, o rock alternativo e a americana, ha deixa clásicos atemporais, como Teen Angst (What the World Needs Now), Low ou I Hate my Generation, onda álbums esenciais, como Kerosene Hat (1993), Gentleman's Blues (1998) ou Berkeley to Bakersfield (2014).
David Lowery e Johnny Hickman lideran Cracker, unha formación que se gañou unha boa reputación por ser unha das grandes bandas de directo da súa xeración. Os seus concertos son intensos, cun son que evoluciona sen perder identidade, e séguennos demostrando que o paso do tempo só reforzou a súa relevancia.
Underfest Xacobeo, que conta co apoio da Xunta , Xacobeo e Deputación, presenta un formato moi coidado, con recintos de capacidade limitada nos que o espectador pode gozar do artista nas distancias curtas, nunhas condicións que cada vez agradecen máis os verdadeiros amantes da música.